top of page

As posibilidades que ofrece o graffiti como recurso didáctico son inmellorables. A teor do que se desenvolve na nova lei de Educación, a LOMCE, a programación por competencias básicas permite introducir este recurso de xeito inmediato por medio da "Conciencia e expresións Culturais" así como a través das "Competencias sociais e cívicas",  e por suposto,  da "Comunicación Lingüística". 

 

Así as cousas, velaquí  a relación de obras que nos poden permitir introducir o graffiti nas aulas. 

 

 

 

NARRATIVA. ​

 

A-Z. Xesús Fraga. Editorial Xerais, 2003. 

 

Trinta e dous dentes. Xabier López López. Finalista Premio Torrente Ballester. Editorial Galaxia, 2006.

 

Game Over. Santiago Lopo. Editorial Galaxia. Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia, 2006.

 

Teselas de cidade. Patricia Casas Vázquez. III Premio Biblos – Pazos de Galicia, 2007.

 

Dime algo sucio. Diego Ameixeiras. Editorial Xerais, 2009.

 

Periferia. Iolanda Zúñiga. Premio Xerais de Novela, 2010.

 

Ninguén. Fran Alonso. Editorial Xerais, 2011.

 

En vías de extinción. María Reimóndez. Editorial Xerais, 2012. Aínda que na novela non se fai referencia ó graffiti, si consideramos oportuno incluíla aquí pola súa portada. O mesmo sucede coa súa outra novela, Dende o conflito (Xerais, 2014), na que o título establece un suxerente xogo de palabras coas ilustracións da portada.

 

Reo. Xesús Fraga. Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil. Editorial Galaxia, 2013.

 

Os elefantes de Sokúrov. Antón Riveiro Coello. Editoriral Galaxia, 2015.

 

O último día de Terranova. Manuel Rivas. Editorial Galaxia, 2016.

​

Un dente sen cadáver. Miguel Anxo Fernández. Editorial Galaxia, 2016.

​

Avións de papel. Xavier Estévez. Xerais, 2017.

 

 

 

POESÍA.

Camarada, eu só quería facer algo bonito. Begoña Díez Sanz. Editorial Follas Novas, Santiago de Compostela, 2014.

 

Teoría do riso. Antón Patiño. Editorial Xerais, 2015

 

"Poesía + graffiti nas aulas". Dores Tembrás. En Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas.Ed. Apiario, 2015.

 

​

TEATRO.

Isóbaras. Gustavo Pernas Cora. Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012. Eds: Xerais, AGADIC e Biblioteca Dramática Galega. 

 

 

DOCUMENTAIS

100 % CEF. Longametraxe publicada no ano 2012 arredor da figura do poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento. O seu interese radica na revisión e actualización da súa obra poética en clave urbana. 

 

bottom of page