top of page

A idea de crear unha web coma esta xorde da necesidade de materializar dalgún xeito o traballo de campo que levo realizando na cidade desde o ano 2011. A grande cantidade de material recollido ó longo deste tempo requería un soporte axeitado para organizar e visualizar todas as mostras, de aí que este formato se presentase como o máis idóneo desde todos os puntos de vista. Evidentemente, estamos ante un proceso inicial, polo que a web estará suxeita a modificacións e cambios constantes coa finalidade de ofrecer unha visión da realidade o máis obxectiva posible. Neste sentido, prentedemos crear un punto de encontro que sirva, así mesmo, de observatorio que dea conta de todos os movementos que se poidan producir. 

 

A estrutura deste sitio consta de seis pestanas, sen contar esta na que nos encontramos. Na primeira vas atopar unha breve descrición da cidade de Pontevedra na que se poñen de manifesto os trazos que definen a capital en materia de cultura urbana.  As tres pestanas seguintes constitúen o  núcleo da web pois albergan as diferentes galerías fotográficas: tags, graffiti e posgraffiti, que pretenden dar mostra da grande variedade técnica, temática e estilística da que podemos gozar na vila. 

 

A pestana "Educación" supón unha aposta persoal por incorporar o graffiti como recurso didáctico de tal forma que pase a ter presenza nas programacións didácticas. Desde este punto de vista, e como punto de partida, considerei oportuno achegar unha relación das obras da literatura galega contemporánea que tratan, directa ou indirectamente o graffiti ou aquelas nas que este ten unha presenza motivada, en moitas ocasións, por cuestións narratolóxicas. Con todo, cómpre sinalar que esta relación é o resultado das miñas lecturas, polo que, sen dúbida, esta se pode ampliar considerablemente.

 

Finalmente, pareceume interesante reunir unha serie de referencias bibliográficas sobre graffiti. A todas elas tiven acceso e moitas supuxeron pola miña parte unha lectura atenta e crítica ademais de serviren de guía para a aprendizaxe e o coñecemento do discurso artístico de graffiti. 

 

 

 

 

 

 

  1. ​Esta web foi creada para fins estritamente educativos e académicos. 

  2. O autor non se fai responsable daqueles actos que se desmarquen dos obxectivos sinalados anteriormente así como tampouco dos posibles danos ocasionados. 

  3. O material recollido forma parte dunha investigación persoal e todo el é froito do traballo de campo realizado polo autor.

  4. Todos os flicks están retocados dixitalmente mediante os programas Galería fotográfica de Windows Live e Paint co fin de ofrecer unha maior calidade fotográfica consonte os recursos dispoñibles. 

  5. O autor manifesta que todas as mostras foron recollidas en espazos públicos, sen invadir propiedades privadas ou de acceso restrinxido. Neste último caso, o autor manifesta que solicitou e contou co persmiso correspondente. 

  6. O artigo 35 da Lei de Propiedade Intelectual, no apartado 2, di: "As obras situadas permanentemente en parques, rúas, prazas ou outras vías públicas poden ser reproducidas, distribuídas e comunicadas libremente por medio de pinturas, debuxos, fotografías e procedementos audiovisuais ". 

  7. Consonte á Lei de Marcas, esta outorga, previo rexistro, dereitos exclusivos sobre o uso no tráfico económico polo que a legalidade das fotografías dependerá de dous factores:  a) de se usa con algún tipo de finalidade comercial ou b) de se usa como marca para un produto ou servizo para o que o deseño do edificio estea rexistrado. 

  8. A información legal recollida nos dous puntos anteriores está extraída da seguinte fonte: http://www.audens.es/blog/legal-prohibir-hacer-fotografias/ [tradución e adaptación do autor].

  9. Todas aquelas persoas que queiran poñerse en contacto co autor para tratar ou comentar calquera aspecto relacionado coa web pódeno facer a través do enderezo electrónico: graffitipontevedra@gmail.com e por suposto 

AVISO

  • Facebook Social Icon
bottom of page